A III edición da Mini BTT Estacións Vivas reunirá a máis de 300 rapaces
A competición sumará 15 probas para nenos e nenas de entre 5 a 14 anos en Baños de Molgas
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/ZF5XYBETPVB5NH7AY4G6TQDG3Y.jpg)
Presentación da III Mini BTT "Estacións Vivas" a desenrolarse en Baños de Molgas. Asisite a presentación Rosendo Fernández (VicePresidete da Deputación Ourense), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia), Xaime Iglesias (Alcalde de Baños de Molgas), Carlos Moure (Organización) e Jorge Villarino (Grupo La Región). / Deputación
O vindeiro domingo 22 de maio, voltará a celebrarse na localidade de Baños de Molgas unha das grandes citas do ciclismo de montaña de categoría infantil, a III edición da Mini BTT Estaciones Vivas, proba organizada pola Fundación ADO Moure ProDeporte e Deputación de Ourense a través do Inorde.
Esta proba, albergará máis de 300 nenos e nenas de toda Galicia, contará con 15 probas diferentes repartidas en 13 categorías para rapaces de entre 5 e 14 anos no circuito permanente de BTT habilitado fronte á estación de tren de Molgas.