Ocio y cultura

O Teatro Principal de Ourense acolle o Festival Nómada de Cultura Africana

A danza, a música, o teatro e o debate protagonizan Harmatán até o venres

O Festival Harmatán comeza hoxe con danza

Ourense

África tense explicado dende moitos relatos distintos. Os máis sonados, alleos ao propio continente. A arte como vía de expresión permite coñecer a heteroxeneidade da creación africana. A directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón, destacaba que “en Harmatán, África é protagonista, sen intermediarios”.

Baixo esta premisa hoxe abre o Festival Nómada de Cultura Africana en Ourense cun espectáculo de danza: Koteba, na que Seydou Boro fala co corpo da sociedade secreta dos yonyonsés e do seu rito boûgô como práctica de confesión. Harmatán é resultado das sinerxías entre programadores dun corredor cultural composto por Albacete, Móstoles e Ourense. Hassan Kuyaté é o comisario artístico, quen subliñaba que son espectáculos pequenos, pero de calidade.

O mércores 25 de maio é o Día de África, unha data que reivindica os avances socioeconómicos acadados e a liberación do colonialismo. O Teatro Principal acolle o concerto da intérprete de orixe maliana Djely Tapa, quen no seu primeiro disco en solitario, Barokan, aborda temas como o lugar da muller na sociedade contemporánea.

O xoves Étienne Minoungou emprega un discurso poético dun africano que volve dunha longa odisea como unha cahamada para construír o futuro. Todas as propostas son ás oito da tarde cun prezo de nove euros agás o debate co que pecha Harmatán, que será o venres ás sete con entrada libre.

O Festival Nómada da Cultura Africana subliña a necesidade de repensar África dende dentro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00