`Mirar el Arte´ pecha tempada co artista Xosé Poldras

O programa comezou fai quince anos co obxectivo de divulgar a arte

`Mirar el Arte´ pecha unha nova edición

03:07

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1653581801556/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ourense

Apreciar a pintura, a escultura, a fotografía, a arte en xeral é un exercicio que permite gozar, pero tamén achegarnos a un xeito de observar o mundo. Neste aceno de observar, de mirar, focalízase o programa `Mirar el arte´ da Fundación Cum Laude. Ángeles Rodríguez é a súa presidenta lembra que `Mirar el Arte´ "naceu en 2007 antes que a propia Fundación Cum Laude”.

Nesta edición o número de persoas que asistiu a esta actividade . Un feito que, dende a organización, consideran que ten que ver coa pandemia. Porén, estiman que nesta edición pasaron pola Sala Ángel Valente a `Mirar el arte´ unhas 200 persoas que se achegaron a propostas moi diferentes da man de distintos especialistas. Entre eles, Francisco Rodríguez Pastoriza, Olga Pastor, Tareixa Taboada, José Francisco Catón e Xavier Limia

Mañá venres 27 de maio será a quenda do artista e profesor Xosé Poldras ás 19.30, quen falará de cinco obras de arte moi diferentes que parte do mesmo tema: o xuízo de Paris. Será a última conferencia desta edición do programa que organiza a Fundación Cum Laude e o Concello de Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00