La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Mos

“Amamos con ORGULLO e liberdade”

Frase gañadora do concurso convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+ autoría de Noelia Pérez Daponte de Tameiga

R Omix Mos

Vigo

Desde a concellería de Mocidade que dirixe o edil Leo Costas infórmase de que onte reuniuse o xurado para deliberar cal foi a mellor frase das presentadas no concurso convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+. Presentáronse 11 frases e o xurado ditaminou por unanimidade que a mellor frase é “Amamos con ORGULLO e liberdade” A gañadora é Noelia Pérez Daponte de 40 anos natural Tameiga. Esta frase estará exposta na rotonda das Angustias do 16 ao 30 de xuño. Ou premio para a participante será un vale de 150 euros para gastar en material de librería.

Este concurso de frases foi convocado co motivo do día do Orgullo LGTBI+.

Desde o Concello de Mos quérese seguir dando continuidade e visibilidade a accións a favor dos dereitos LGTB e facer partícipe á poboación mosense.

O día do Orgullo LGTBI+ é o próximo 28 de xuño con ese motivo organizouse este concurso, no que a poboación puido participar creando unha frase que englobase neste día a diversidade sexual e de xénero.

A frase gañadora será o slogan deste ano e estará exposta dende o día 16 ao 30 de xuño na pantalla da rotonda das Angustias

Podían participar todas aquelas persoas que o desexaran que tivesen máis de 12 anos. As persoas participantes podían enviar un máximo de dúas frases.

As frases que se presentaron a concurso debían constar dun máximo de 30 caracteres con espazos. As frases debían conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou emponderen ás persoas LGTBI+ e ter coherencia entre o significado da frase coa significación do día que se conmemora.

O prazo de presentación das frases conmemorativas foi desde o 1 de xuño ata o día 14 ás 23:59 h.

O criterio de valoración que se tivo en conta á hora de ditaminar o fallo do concurso, foi que debía ter coherencia entre; significado da frase coa significación do día que se conmemora, buscando un slogan idóneo, e que non precise explicación.

O xurado estaba composto por: concelleiro delegado do departamento de Xuventude (Presidente), 3 persoas técnicas do CIM, a técnico do Departamento de Educación e a técnico do Departamento de Xuventude e Participación (secretaria). O xurado reuniuse o día 15 de xuño para deliberar o fallo do concurso.

Como xa se dixo, a persoa gañadora recibirá como agasallo un vale por importe de 150 € para gastar en material de librería e será a encargada de ler o manifesto no Pleno ordinario do mes de xuño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00