Milia: "As comunidades enerxéticas son importantes para o aforro na factura da luz"

O alcalde de Carballeda de Avia destaca a importancia desta comunidade, que xa foi constituída no municipio

Placas solares dunha comunidade enerxética / Getty

Ourense

Carballeda de Avia xa ten a súa comunidade enerxética, algo que o alcalde considera que "debería ter cada concello co obxectivo de alcanzar autosuficiencia enerxética".

A efectos prácticos o alcalde do municipio, Luis Milia, explica que “se eu teño unha casa e quero pedir uns paneis fotovoltaicos para adelgazar a factura da luz, ao mellor nun 60%, a min só me darían un 40% do custe da instalación no mellor dos casos. Se estou dentro da comunidade enerxética, podo optar ao dobre”.

Ademais, Milia explica que pertencer a esta comunidade sen ánimo de lucro permite acceder a axudas doutras institucións. Carballeda de Avia forma parte do proxecto que, neste sentido, mantén activo da Deputación de Ourense. Trátase de aumentar a eficiencia, reducir as emisións de CO2 e conseguir o aforro de ata 30% na factura da luz.

Unha comunidade enerxética ten que ter, como calquera asociación, presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. "Unha vez constituída, enviouse a documentación á Xunta para rexistrala e estaremos atentos ás axudas", segundo confirmou o alcalde de Carballeda de Avia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00