Sociedad

Malpica terá novo centro de saúde

O concello cede a parcela para a construcción do edificio

Luis Polo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinaron a cesión de terreos para facer realidade a construcción dun novo centro de saúde na vila. O goberno municipal comenzará o proceso para facerse coa superficie precisa para ceder os 1800 metros cadrados necesarios. O novo centro médico terá uns 1000 metros cadrados útiles, dobrando a capacidade do actual.

Na nova edificación haberá unha sala de toma de mostras, unha sala de urxencias e unha sala de espera. Está previsto tamén ampliar a área pediátrica e manter a consulta de pediatría. Os profesionais que traballen no centro contarán cunha sala de estar, vestiarios e un despacho de coordinación. A consellería comprometeuse a dotar á vila cun novo médico de atención primaria con praza fixa dende setembro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00