Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Ocio y cultura
Música y Literatura

Iván Ferreiro adiántanos a inspiración do seu próximo disco

Música e literatura únense co escritor Diego Giráldez en Seguimos en obras

Diego Giráldez e María Díaz no estudio central de Radio Vigo

Vigo

Comezamos sección co escritor e xornalista Diego Giraldez no que falamos de obras, das boas, das artísticas. Unha sección que inauguramos falando de música, literatura e viceversa, coa participación de escritores e escritoras como Arantza Portabales, Pedro Feijóo e Francisco Castro e tamén de músicos, como Eladio Santos e Iván Ferreiro para saber que leen cando compoñen e qué escoitan cando escriben. Unha conversa na que nos enteramos por exemplo que Iván Ferreiro inspírase no seu próximo disco nun libro de ciencia ficción. Pola súa banda, o vigués Eladio Santos, de Eladio y los Seres Queridos, confesa que un dos seus referentes é o portugués Fernando Pessoa.

SEGUIMOS EN OBRAS LITERATURA Y MÚSICA

05:20

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1657177197203/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pero ademáís repasamos moitas curiosidades do mundo da literatura e da música. Diego Giráldez nos mostra o que musicalmente deu de sí Macondo ou por exemplo que : o Bohemian Rapsody de Queen din que está inspirado no “Estranxeiro”, de Albert Camus. O disco Animals, de Pink Floyd, sumérsexe no mundo excepcional que George Orwell creoU para escribir “Rebelión na Granxa”. Tamén o universo Tolkien, o escritor do Señor dos Aneis, inspirou a grupos como Led Zeppelin para o seu tema “Ramble on”.

E Sting, que estará pronto en Vigo, en Castrelos, despois dun concerto con Police en Nueva Orleans, chegou ao hotel do Barrio Francés e púxose a ler “Entrevista cun vampiro”, de Anne Rice, e desa lectura saiu este “Moon Over Bourbon Street”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00