Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad

O Rosal presenta a segunda edición da súa ‘Memoria viva’

Carmen Piedra e Isaac Penela son os protagonistas este venres no Auditorio municipal

O Rosal

Na súa aposta de por en valor a historia local, o concello de O Rosal presenta este venres 22 de xullo ás 20.30 horas no Auditorio municipal a segunda edición do proxecto ‘Memoria viva’, unha iniciativa coa que se procura protexer e manter presente o patrimonio inmaterial do municipio así como o coñecemento e a memoria que atesouran as persoas maiores. A presentación será con entrada libre e de balde ata completar aforo.

Nesta segunda edición, Carmen Piedra Pérez e Isaac Penela Carbajales son os protagonistas dos dous vídeos que recollen a través das súas lembranzas parte da súa vida pero tamén as formas de vivir, de pensar, de crecer, de entender as tradicións e mesmo os costumes de toda unha época. O proxecto complétase con dous libros de pequeno formato, coleccionables coas entrevistas mantidas con Carmen e Isaac durante o proceso e que se suman ás de Nemesio Castro e Marcola González, cos que arrancou o proxecto.

Como explica a alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández, “non queremos que caia no esquecemento unha parte tan importante da nosa memoria individual e colectiva e dese desexo de conservar as historias que non están nos libros nace Memoria Viva. Seguiremos traballando para recuperar e recompilar as vivencias persoais, momentos históricos, formas de vida... dos nosos veciños e veciñas”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00