Sociedad

Arde un autobús de pasaxeiros en Cee

Cubría a ruta a Santiago de Compostela

Autobús arde en Cee

Autobús arde en Cee

Un autobús da empresa Monbus sufriu un incendio a primeira hora desta tarde. O vehículo, que cubría a liña con Santiago de Compostela, empezou a botar fume cando atravesaba a parroquia de Ameixenda, á altura do cemiterio da localidade. Os pasaxeiros puideron abandoar o bus sen ningún problema polo que non houbo que lamentar daños persoais.

Os feitos tiveron lugar ao redor das 15:30. O autobús sinistrado partira minutos antes da estación de Cee cunha pasaxe composta na súa maior parte por peregrinos. Nunha zona de dobre carril, o chófer puido deter o bus e tentou apagar o lume cun extintor.

Pouco despois dúas dotacións do parque de bombeiros de Cee acabaron por sofocar o incendio. Protección Civil de Cee e Garda Civil de Tráfico coordinaban a circulación na AC-550.

Os pasaxeiros do bus foron reubicados noutro autobús da compañía que se dirixía de volta a Cee. Algúns dos viaxeiros optaron por continuar cara Santiago a bordo de taxis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00