SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

A Estación de montaña de Manzaneda será este sábado a capital do ciclismo galego

A estación de montaña ourensá acole o 17 de setembro a saída e chegada da terceira tirada da Volta Ciclista a Galicia

A estación de montaña de Manzaneda será este sábado a capital do cilismo galego

-11.00 horas: Presentación da etapa ourensá da Volta Ciclista a Galicia.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presenta a etapa ourensá (Manzaneda-Manzaneda) da XX edición da Volta Ciclista a Galicia, acompañado polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o director da estación de montaña de Manzaneda, Víctor Picos, e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez / Deputación

A XX edición da Volta Ciclista a Galicia, recorrerá nove concellos do oriente ourensán. A terceira tirada da 20ª Volta Ciclista a Galicia diputarase o sábado 17 de setembro, con principio e final na estación de montaña de Manzaneda, a 1.484 metros de altitude e tras superar durante case 12 quilómetros un desnivel de preto do 7% trazado que converte a esta xornada na etapa raíña da carreira.

Ás 11:55 horas está prevista a saída neutralizada desde a estación, iniciándose a etapa real ás 12:30 horas.

O trazado de competición ten unha distancia de 114,2 quilómetros que discorren por nove concellos do oriente da provincia. Trives, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín, O Barco, O Bolo, e Manzaneda.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad