Sociedad

Novos encontros entre veleiros e orcas terminan coa intervención de Salvamento Marítimo

Atopáronse cun grupo de orcas cando navegaban a seis millas ao nordés de Malpica

Salvamento rescata a dos personas de un velero en Tarifa tras la rotura de su timón tras un choque con orcas / EP

Malpica

Salvamento Marítimo prestou asistencia a tres veleiros, cada un con dous tripulantes, que se atoparon cun grupo de orcas cando navegaban a seis millas ao nordés de Malpica.

Segundo informa o servizo de Salvamento, a primeira das embarcacións en ser atendida, a 'Westwind', quedou sen sistema de goberno. Con todo, tanto este veleiro como os outros dous --'Fetinalente' e 'The Shift'-- precisaron ser remolcados ata Malpica, para o que se mobilizou a 'Salvamar Betelgeuse' e a 'LS Bianca' da Cruz Vermella.

Durante todo o verán foron varios os encontros que causaron problemas fronte ás costas da Coruña. Os expertos aínda non teñen claras as razóns que leva aos animais para actuar desta maneira. Recomendan aos navegantes evitar o contacto, apagar os motorores e esperar que se afasten os mamíferos, aínda que recoñecen que estas medidas non teñen por que ser efectivas.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad