Sociedad

Os alumnos do colexio Zalaeta toman a rúa Compostela para xogar e gozar sen coches

A semana da mobilidade europea recolle actividades e talleres educativos como o desta mañá

Silvia Penelas Cuiña

A Coruña

Stop accidentes reunirá esta mañá aos alumnos do colexio Zalaeta na rúa Compostela. Os nenos de sexto de primaria do centro participarán en talleres e actividades organizadas para educar aos máis pequenos en valores de mobilidade e sustentabilidade. A idea detrás do proxecto, enmarcado na semana da mobilidade, é converter un espazo que habitualmente ocupan coches e vehículos nunha zona segura para que os nenos paseen, xoguen e gocen.

Más información

28 nenas e nenos acompañados da súa mochila de "Stop accidentes" xogaron nas rúas da Coruña esta mañá. Saltos á corda, o xogo da mariola e un circuíto de carreiras son algunhas das actividades que fixeron. O importante, asegura a coordinadora de Stop Accidentes, é que os nenos se reapropien das rúas.

Os alumnos camiñaron desde a rúa Curros Enríquez ata a zona de Praza de Lugo a través dos circuítos escolares de Stop Accidentes. No que vai de ano 6 persoas faleceron na cidade por mor de atropelos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00