Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
A Guarda

O Goberno suma unha nova axuda para a reforma do pavillón municipal da Sangriña procedente dos fondos Next Generation EU

En total, financiaranse 405 proxectos dos 1065 presentados, elexidos en base a criterios de calidade arquitectónica, solidez, gobernanza, enfoque integral, innovación e oportunidade.

Vigo

Conscientes das deficiencias que tiña o pavillón da Sangriña, unha construción anticuada e ineficiente que non estaba adaptada ás necesidades das competicións que albergaba, o equipo de goberno municipal fixo unha aposta firme pola modernización e ampliación deste equipamento deportivo municipal.

O concello encargou a redacción dun proxecto, coa colaboración da Deputación de Pontevedra en 2017, para o que logrou financiamento no ano 2021. As achegas económicas viñeron a través do plan REACPON da Deputación, de fondos propios municipais e máis tarde da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Coa idea de conseguir máis fondos para financiamento da obra, no mes de abril, o concello presentou o proxecto á convocatoria en concorrencia competitiva da liña 1 do Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR).

Os aspectos que argumentou o goberno municipal para acceder a esta subvención teñen que ver coa calidade do proxecto e a súa eficiencia, destacando: un aforro de máis dun 35% en enerxía, grazas a mellora de illamentos, iluminación LED e instalacións renovables para a ACS. Facendo accesible a instalación, tanto nas gradas, como aseos e vestiarios. Mellorando a súa habitabilidade con un sistema de renovación de aire. Incrementando a seguridade en todo o equipamento e mellorando o aspecto do edificio.

A contía da subvención concedida ascende a 385.754,11 €, que foi a cantidade solicitada para cubrir todos aqueles conceptos subvencionables do proxecto. Esta subvención ven a recoñecer a calidade da proposta dende o punto de vista da eficiencia enerxética, da accesibilidade e a habitabilidade, valorando tamén a conservación do edificio.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00