Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Ocio y cultura

Touriñán: "En Recortes dámoslle unha bofetada ao fútbol actual"

O Teatro Afundación trae esta fin de semana a última investigación sobre o deporte rei de Nacho Carretero

NaN:NaN:NaN

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1668173183790/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Vigo

O sábado 12 e o domingo 13 de novembro chega a Vigo "Recortes, caneos e outras formas de driblar": teatro, fútbol e música para todos os públicos. O Teatro Afundación acollerá esta obra protagonizada por Xosé A. Touriñán que xorde da última investigación de Nacho Carretero sobre o mundo do fútbol profesional

O novo libro sobre o máis descoñecido do deporte máis coñecido do xornalista coruñés aínda non está nas librarías, pero si nos escenarios, con este espectáculo dirixido por Tito Asorey. O encargado de adaptar os textos para o teatro foi José L. Prieto, con quen se completa o equipo que xa foi responsable do éxito de "Fariña, o espectáculo teatral", e que agora repite con "Recortes".

O elenco, capitaneado por Xosé A. Touriñán, é un equipo de primeira que conforman Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta. Estes seis intérpretes traerán sobre as táboas un sinfín de personaxes —xogadores, adestradores, directivos, seareiros, xornalistas...— cos que ilustran o máis descoñecido do deporte máis coñecido.

Este innovador espectáculo que conxuga dous tipos de entretemento que semellan moi afastados está atraendo aos teatros novos perfís de públicos. "Recortes" non é só para quen lle guste o fútbol, senón que todo o mundo pode desfrutar das historias e da música coa que se acaba reflexionando non só sobre o mundo do fútbol profesional, tamén sobre as pulsións humanas e sobre como somos como sociedade.

Esta produción de Ainé e o Centro Dramático Galego comezou a súa xira por Galicia tras estrearse en setembro no Salón Teatro de Santiago, onde a viron máis de 4.500 persoas. Chega agora a Vigo tras pasar por Ourense e antes de continuar o seu percorrido por Narón, Pontevedra, Cangas, Burela, Lugo, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol. O calendario e a venda de entradas xa están dispoñibles na web recortes.gal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00