Más deportes

Aberto o prazo de inscripción para a 7ª Carreira Pedestre de Ribadavia

Trátase dun evento tamén para os máis pequenos coas categorías Sub 08 e Biberóns

Cartel da 7ª Carreira Pedestre de Ribadavia / Cadena SER

Ribadavia

O 4 de Decembro, terá lugar a Sétima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta. A través da web www.deportesribadavia ou en https://www.carreirasgalegas.com.

A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior, as categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partires das 11:00 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns. Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00