SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Fútbol

C.D. Arenteiro despídese de Fran Justo

O próximo destino do primeiro adestrador será o C.D. Lugo de la Liga SmartBank- Segunda División

Fran Justo ficha por C.D.Lugo

Fran Justo ficha por C.D.Lugo / C.D. Arenteiro

O

Fran Justo, deixa a disciplina do C.D. Arenteiro e pon rumbo ao C.D. Lugo, tras conversas entre ambos os clubs onde chegaron a un acordo.

O segundo adestrador, Millán, tamén o acompañará nesta nova etapa.

Dende o club, só podemos dar mostras de agradecemento a estes dous profesionais, que acompañaron a todas as vitorias e tamén derrotas do Arenteiro nestas últimas tres tempadas.

Coseguimos xuntos os únicos títulos nacionais do C.D.A. Campións da tercerira división nacional e gañadores da Copa Federación.

Con vós comezou unha gran viaxe. A vila do Carballiño tinguiuse completamente de verde e vós fóstedes capaces de transmitir a voasa ilusión e motivación a todos nós.

Sempre quedaredes no recordo, sodes historia do C.D. Arenteiro e por suposto as portas da nosa casa permanecerán máis que abertas para vós.

Con orgullo, despedímonos, sabendo que marchades para medrar na vosa carreira e conseguir novos logros. O camiño non acaba aquí, seguiremos ben ledos a vosa traxectoria con nosos compañeiros galegos.

Grazas por facernos soñar, C.D. Arenteiro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00