Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad

Unha placa e unha rúa para recordar os Mártires de Sobredo

O Concello de Tui descubrirá o lúns o recordo aos tres labregos falecidos en Guillarei coincidindo co centenario da traxedia

La prolongación de la calle Casal Aboy en Tui pasará a llamarse calle Mártires de Sobredo.

Tui

O próximo luns, 28 de novembro, ás 17:00 horas, terá lugar o acto de descubrimento da placa que da nome á rúa “Mártires de Sobredo”, será no cruzamento entre a actual prolongación da rúa Alcalde José Casal Aboy e a avenida da Concordia, dando cumprimento así ao acordo unánime do pleno da Corporación Municipal de Tui na sesión ordinaria do pasado 29 de setembro.

Este acto terá lugar no propio día en que se conmemora o centenario dos tráxicos sucesos de Sobredo onde tres persoas labregas foron vítimas do disparos das forzas da orde que reprimiron unha manifestación que tiña lugar en Sobredo, Guillarei na que trataban de impedir o desafiuzamento dun labrego que non tiña pagado as rendas forais e fora denunciado polo rendeiro.

A morte de Cándida Rodríguez, veciña de Pazos de Reis; Venancio González, de Budiño, e Joaquín Besada de Soutelo, tivo unha ampla repercusión en toda Galicia e acelerou o debate político para rematar co sistema foral, que se lograría finalmente no ano 1926. Dando a este rúa o nome de Mártires de Sobredo o Concello de Tui, en palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro, pretende render unha homenaxe, en primeiro lugar, "as vítimas deste desgraciado suceso de Sobredo, pero tamén reivindicar a importancia da ampla mobilización social que nas primeiras décadas do pasado século, a través do denominado movemento agrario, que coa creación de innumerables sociedades de agriculturas na maioría das parroquia de Tui e noutros lugares de Galicia lograron cambiar, en apenas dúas décadas, o réxime de propiedade da terra e contribuíron de xeito excepcional á mellora das condicións de vida dos nosos labregos".

Os actos desta xornada do luns complétanse coa conferencia “Sobredo na memoria” que ás 19:00 horas, no edificio Francisco Sánchez, ofrecerá o historiador Bieito Alonso e na que se contará coa interpretación musical de Samuel Diz. Este acto está organizado polo Instituto de Estudios Agrarios “Mártires de Sobredo”. Cómpre lembrar que este domingo, 27 de novembro, terá lugar a homenaxe aos Mártires de Sobredo xunto ao monumento, en Sobredo, Guillarei.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00