Sociedad

“Algunos trabajadores temen que sus clientes los cuestionen por tener VIH, esto es una injusta estupidez”

O xefe da unidade de infecciosas do CHUO, Ricardo Fernández, fala da continuidade do estigma no Día Mundial da Sida

Xefe da unidade de infecciosas do CHUO

Ourense

Anxo ten 52 anos. Aínda que recoñece unha evolución social de cara a aceptación social da sida, cando lle deron a súa diagnose, fai por volta de cinco anos, enfrontouse a actitudes discriminatorias: “na miña propia casa, poñíanme o prato aparte”.

Sobre a continuidade do estigma tamén nos fala o xefe da unidade de infecciosas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Ricardo Fernández. Leva corenta anos de profesión e a súa residencia médica coincidiu cos peores momentos da epidemia da sida e afirma que “con los tratamientos actuales vienen a consulta una o dos veces al año y hacen una vida normal. Mejoró la estigmatización, pero aún hay algo de eso. Tengo pacientes abogados, médicos o comerciantes que tienen miedo a que se sepa por si sus clientes piensan que no son tan buenos profesionales. Eso, por supuesto, es una injusta estupidez”.

Os estereotipos teñen que ver fundamentalmente coa desinformación. Para combatela, dende o Comité cidadán antisida Ourense, o coordinador xeral Agustín González convídanos a reflexionar en torno a dúas cuestións “é unha patoloxía que se transmite, non se contaxia e, a segunda mensaxe, é que todas somos persoas con independencia da nosa patoloxía".

En Galicia, segundo a Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbiología Clínica, diagnosticáronse 129 casos durante todo o 2021. Hoxe é o Día Mundial da Sida baixo o lema: igualdade xa!

Un día no que aínda cómpre subliñar a importancia da información non só para previr a enfermidade, senón tamén a ignorancia que alimenta o estigma.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00