A Deputación reforza a colaboración coa Escudería Ourense
Unha vez máis, a Deputación de Ourense reforza a colaboración coa Escudería Ourense para a organización do Rallye de Ourense
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/Z5QZQNYQ5BBENDROSXVIIKDQ7Q.jpg)
Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación de Ourense) con Jano Fraga Paradela (Presidente da Escuderia Ourense). / Alberte Paz/ Deputación
Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Escudería Ourense, Jano Fraga, para ampliar o compromiso cunha ´´ proba emblemática da nosa provincia, referente no mundo do motor e cun importante impacto económico, turístico e promocional´´.
O presidente da Deputación tamén subliña ´´ a importancia da colaboración institucional e privada na realización deste tipo de eventos deportivos tan beneficiosos para o dinamismo do territorio´´. E agradece á Escudería Ourense ´´a súa grande capacidade organizativa demostrada polo éxito que ten sempre o Rallye de Ourense´´, a´´aos centros de persoas que se implican voluntariamente na súa organización e que conseguen que se leve a cabo da mellor forma´´.