Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad
San Silvestre

O goberno local retoma o domingo 19 de febreiro a San Silvestre suspendida polo mal tempo

O prazo para inscribirse está aberto dende hoxe ata o 17 de febreiro

Cientos de personas en la salida de la San Silvestre de Vigo / Faceboo

A tradicional carreira San Silvestre, que tivo que ser suspendida o pasado 31 de decembro polas condicións climatolóxicas, celebrarase o domingo 19 de febreiro, ás 11h. A proba mantén idéntico o trazado previsto naquel momento, con saída e meta na confluencia de Elduayen coa Porta do Sol. Trátase dun percorrido de 4 quilómetros que discorren por Porta do Sol, Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Oporto, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo, Mestre Mateo, Teófilo Llorente, Real, Méndez Núñez, Misericordia e remate de novo na Porta do Sol.

Tal e como explicou, a elección desta data, que coincide co Entroido, facilitará que miles de persoas acudan disfrazadas a un evento que mantén o seu lema: Vigo de récord para alcanzar miles de participantes.

Todas as persoas que se anotaron en decembro manteñen a súa inscripción e, para os que recolleron o dorsal nalquel momento, bastará que acudan portando o mesmo. Para novas inscripcións, estará aberto o prazo desde hoxe ata o 17 de febreiro no portal municipal www.vigo.org.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00