La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Estudante

Sara Bugallo recibiu un premio autonómico polo seu expediente académico na ESO, sen adaptación curricular pese á súa parálise cerebral

A moza naceu de xeito prematuro xunto cunha irmá melliza que non sufríu ningún problema

No Multiusos das Pozas celebrouse a recepción a Sara Bugallo Vila, de 16 anos e estudante de 1º de Bacharelato no IES de Mos, polo premio autonómico obtido polo seu expediente académico da ESO. Sara é veciña de Louredo, membro de unha familia de 4 irmás, e filla de Emma Vila, unha das enfermeiras do Centro de Saúde de Mos e membro da Mesa Local da Saúde. No acto homenaxe celebrado Sara estivo acompañada, ademáis de pola súa familia, pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, a edil de Educación, Julia Loureiro, e demais mebros da Corporación Municipal.

A Xunta de Galicia galardoou a un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, polos seus esforzo e superación persoais. Unha desta vintena de persoas premiadas en toda Galicia é a estudante mosense, Sara Bugallo, exemplo de esforzo e superación.

Sara naceu prematura, xunto cunha irmá melliza que non sufriu ningún problema, cunha parálise cerebral permanente de nacemento. O mérito de Sara é enorme e o seu esforzo titánico, pois cursou toda a Educación Primaria no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos e a ESO no Colexio Lar sen ningún tipo de adaptación curricular, a pesar da maior dificultade que para ela supoñen tarefas como a escritura, na que é máis lenta, ou os exames orais. Sen embargo Sara compensa os hándicaps coas súas fascinantes habilidades, como a súa gran capacidade de memorización e retención. A súa nai Emma, asegura que “o seu punto forte é a memoria, e na casa, cando non sabemos algún dato ou non lembramos algo, sempre llo preguntamos a ela. É incrible a cantidade de datos que recorda”.

A asignatura preferida de Sara é a Historia, polo que o seu soño e a súa meta é ser profesora desta asignatura. Ademais dos estudos, Sara tamén dedica tempo ás súas afeccións. É afeccionada ao fútbol e seguidora do Real Madrid, equipo polo que sinte unha especial paixón. O seu xogador favorito é Federico Valverde. Por suposto, e como non podía ser doutro xeito, Sara sábese de memoria cada dato, cada detalle, da historia e da traxectoria do clube e do seu futbolista predilectos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00