Sociedad

O PP esixe que PSOE e BNG se posicionen ante a Lei do 'só si é si', provocación electoralista?

A mesa de tertulia político social 'Baixamos ao café' analiza esta e outras polémicas lucenses

O PP esixe que PSOE e BNG se posicionen ante a Lei do "s si é si", provocación electoralista?

O PP esixe que PSOE e BNG se posicionen ante a Lei do "s si é si", provocación electoralista?

31:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1676554378804/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Os contertulios Carlos Portomeñe, Cosme Pombo, José Luis Díaz e Luis Asorey volen baixar tomar o café ao estudos de Radio Lugo SER para analizar a actualidade política e social da cidade e da súa provincia.

Tras unha semana marcada pola polémica saída do cárcere do coñecido como 'violador de Augas Férreas', tras a aplicación da Lei do so si é si, o Partido Popular pediralle a PSOE e BNG que se posicionen no vindeiro pleno.

Os contertulianos de Radio Lugo SER analizan esta idea. Provocación electoralista por parte dos de Elena Candia? Son estas as formas e o lugar para pedilo? Cal é o obxectivo da bancada liberal?

Ademais, repasan a polémica en relación á aplicación desta nova lei respecto dos casos luceneses baixo diferentes puntos de vista. Todos coinciden en que a protección das mulleres debe primar sobre calquera tipo de interese político ou partidista, pero mentres que uns poñen o foco na interpretación da lei outros fan fincapé na súa redacción.

Seguindo o calendario da cidade, outro dos temas que están a causar debate é a nova de que Lugo será a capital da cultural do Eixo Atlántico durante os meses de febreiro e marzo. O día 23 celebrarase a xornada que dará inicio a más dunha centena de actividades culturais de balde que comezarán coa actuación do recoñecido músico internacional Abraham Cupeiro.

As entradas voaron desde o primeiro minuto que se puxeron en taquilla. A organización estableceu dúas quendas para acudir por elas e en menos de media hora esgotáronse.

Deste xeito volve estar sobre a mesa a gratuidade deste tipo de eventos. Sale a palestra a cantidade de xente que se fai coas entradas, que logo non acuden á cita e deixan sen praza a persoas interesadas. Diversos puntos de vista que se poñen sobre a mesa da tertulia de cada xoves nos micrófonos de Radio Lugo Cadena SER.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00