Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Política

Oia prepara as alegacións contra o novo proxecto de parque eólico Torroña I

O Concello contrata a unha empresa especializada para presentar o recurso e facilitará a participación veciñal

Ámbito geográfico en el que se instalaría el proyecto de parque eólico Torroña I

O igual que sucedeu cos proxectos Albariño I e Merendón (anulados o contar cunha Declaración de Impacto Ambiental desfavorable), o Concello de Oia presentará alegacións contra o parque eólico Torroña I, para o que xa contratou a unha empresa especializada, a cal xa está a traballar na análise da documentación sometida a información pública. O prazo para a presentación de contribucións conclúe o 18 de abril.

O DOG do 3 de marzo anunciou o procedemento de información pública do estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), das instalacións do Torroña I. Este proxecto prevé a instalación de 4 aeroxeradores en Oia.

Así mesmo, o DOG recolle que “cando sexa indispensable a atención presencial” poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (mediante cita previa no teléfono 986 80 52 34), así como ás dependencias dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño.

Reunión coa veciñanza

Ao igual que se vén facendo no proceso de preparación de alegacións contra os diferentes proxectos eólicos que afectan ao municipio, o Concello oiense convocará proximamente unha reunión informativa para abordar este novo caso. Do mesmo xeito, o goberno local lembra que toda a información relativa aos proxectos eólicos se vai actualizando no apartado específico da web municipal, onde xa se pode consultar a documentación relativa ao Torroña I:

Características técnicas do proxecto Torroña I

Segundo consta no anuncio do DOG, o proxecto do parque eólico Torroña I prevé unha potencia a instalar de 22,8 MW e unha produción neta anual de 67.530 MWh/ano. As súas características son as seguintes:

- 4 aeroxeradores de 5.700 kW de potencia unitaria, de 163 metros de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 148 metros, o que faría unha altura total de 229,5 metros.

- 4 centros de transformación de potencia nominal 6.350 kVA e tensión 0,75/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

- Rede de media tensión de 30 kV soterrada.

-Instalación de celas de media tensión na subestación de transformación Barrantes 30/132 kV para a conexión dos circuítos provenientes do parque eólico, situadas na sala de celas do edificio.

-2 torres meteorolóxicas, unha delas temporal, e outra permanente, de 148 m de altura.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00