La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Feira do Mel

Volve a Feira Apícola Rías Baixas a O Porriño, coa súa 35ª edición

Ademais das Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura, celebrarase a feira do mel e o mercado de artesanía Bee Happy Market

Hernandez.M.A

A Feira Apícola Rías Baixas chega á súa trixésimo quinta edición con máis forza ca nunca e da man dun extenso e ambicioso programa de actividades dirixidas tanto aos maiores coma os cativos da casa. Organizada pola Agrupación Apícola de Galicia, xunto coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño, este evento constitúe un importante encontro cos mellores profesionais do sector e unha cita indispensable para todas aquelas persoas versadas ou afeccionadas ao fermoso mundo das abellas.

O salón de plenos do Concello acolleu este venres 31 a presentación da feira, cun acto no que estiveron presentes o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, José María Seijo, presidente da Agrupación Apícola de Galicia, Ester Ordoñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e presidenta da IXP Mel de Galicia, Diego Collazo, en representación da Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra, así como concelleiros do goberno municipal e o presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández.

A apertura da feira terá lugar este sábado 1 de abril, ás 10h00, cun programa cheo de actividades que se estenderán ata ben entrada a noite. As Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura emprazaranse no Salón de Plenos do Concello entre as 10h00 e as 20h30. Case o mesmo horario no que permanecerá activo o mercado de artesanía Bee Happy Market e a Feira do Mel, concretamente de 10h30 a 20h00. As catas, degustacións e obradoiros infantís terán lugar tanto en horario de mañá coma de tarde, mentres que a discoteca móbil porá a todo O Porriño a bailar a partir das 20h00.

A asistencia a calquera das actividades é totalmente de balde. Os contidos están expostos polo miúdo e accesibles no programa de actividades e na páxina web da Agrupación Apícola de Galicia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00