SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

A VI edición da Ourense Strade Termal reunirá a preto de 400 deportistas

Este evento deportivo, celebrarase o 16 de abril

A VI edición da Ourense Strade Termal reunirá a preto de 400 deportistas

- 12.15 horas: Presentación da VI "Ourense Strade Termal".- O presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; Emma González (Xerenta do INORDE), Xiana Carrera (Técnica de deportes do Concello de Muiños), María del Carmen Yáñez Salado (Alcaldesa de Lobios), Antonio Iglesias (Alcalde de Lobeira), Sandra Quintas (Alcaldesa de Bande), Jorge Fidalgo (Concelleiro de Deportes da Cámara Municipal de Montealegre), Otelo Nuno Rodriguez, Eduardo Alberca (Delegado de Ourense da Federación galega de ciclismo), e David Romero (Xerente do RODOSA), presentarán a VI edición da "Ourense Strade Termal" que organiza o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. Lugar: Pazo Provincial (Deputación de Ourense). / Alberte Paz

A VI edición ´´ Ourense Strade Termal´´ que vén organizando o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, reunirá a preto de 400 deportistas procedentes de máis de 20 provincias para gozar do ´´ sterrato´´ nesta proba única na provincia de Ourense que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de abril.

Esta nova edición da ´´ Ourense Strade Termal´´ levará aos cicloturistas apaixonados do ´´ sterrato´´ a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, concretamente, pertenecentes aos concellos de Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande e Muíños . Ademais como cada ano, a proba cruzará a fronteira para chegar a Tourem, á Cámara Municipal de Montalegre.

Esta proba ofrece dous percorridos: o gran fondo de 155 quilómetros e cun desnivel de 1.950 metros, e un mini fondo de 75 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado.

Dúas distancias que terán como novidade nesta edición que será a que conte con máis ´´ sterratos´´, 6 en total que sumarán máis de 12 km de zonas de terra compacta.

A saída, será ás 9.30 horas no Balneario de Lobios, onde será o punto de chegada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00