Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Observación de aves

O Rosal realiza un roteiro para aprender a recoñecer a lingua das aves

O Concello organiza o 30 de abril unha ruta accesible e de balde dende o parque do Tamuxe ata As Aceñas

O Concello do Rosal organiza o último domingo de abril o roteiro ‘A lingua das aves’, unha interesante ruta pola Senda de Pescadores e o río Tamuxe para aprender a identificar ás diferentes especies de paxaros que viven na contorna a través do seu canto.

A actividade celebrarase o domingo 30, con saída ás 10h30 do Parque do Tamuxe e remate ás 13h30 na Área Recreativa das Aceñas.

Trátase dun roteiro impartido por Lorena Franco, de Biophilia, e Manu Sobrino, de El Naturalista Cojo, no que as persoas participantes farán un percorrido dun quilómetro, de dificultade baixa e totalmente accesible.

A ruta contará con prazas limitadas polo que para participar será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poderán solicitar información ou inscribirse a través do correo electrónico lorenafranco.biophilia@gmail.com ou do teléfono 693 56 26 74.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00