O escritor Diego Giráldez expón por primeira vez os seus collages na festa de apertura do XX aniversario do Festival de Cans
A inauguración da mostra, titulada “Colaxe #catástrofe”, terá lugar o sábado 13, ás 20:00h., no Círculo Recreativo Cultural do Porriño
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/WXHCXFH7S5FWVDADQHOCO7DM2Q.jpg)
Algúns colages de Diego Giráldez.
Vigo
O vindeiro sábado 13 de maio, o escritor Diego Giráldez inaugura a exposición “Colaxe #catástrofe” durante a festa de apertura do XX aniversario do Festival de Cans. A inauguración terá lugar ás 20:00h., no salón do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, e a mostra prolongaráse ata o 31 de maio.
É a primeira vez que Giráldez expón os seus collages, unha técnica que practica dende a mocidade -cando estudaba Historia da Arte en Compostela- e que retomou hai un par de anos, segundo explica, “con menos sentido do ridículo e máis actitude”. A mostra, que arranca cun texto que a escritora Emma Pedreira lle dedica aos collages do autor porriñés, componse de 13 obras nas que predominan a figura feminina, “moi cinematográfica”, e incluso unha homenaxe ao cine de catástrofes dos anos 70 (Terremoto, Aeroporto, O coloso en chamas,…).
“Fago collage para evitar facer cousas peores”, comenta Giráldez. “Cando estou coas tesoiras na man, apropiándome de imaxes que non son miñas para darlle un novo uso e tratalas como me peta, síntome profundamente ben”, sinala. “Por iso, cando Alfonso Pato me propuxo expoñelos, o primeiro que pensei foi: descubríronme. E dixen que si”, remata o autor de “O meu sangue”.
Os collages estarán expostos e á venda ata o 31 de maio. Eladio Santos e Valèrie Massadian Xusto despois da inauguración, ás 21:00h., no propio Círculo haberá un concerto de Eladio Santos que, compañado de Andrés Cunha, presentará o seu novo proxecto “Ronsel” no que fai unha revisión do seu repertorio e versión de clásicos. A xornada arranca no Centro Cultural Municipal, ás 18:00h., coa proxección da longametraxe “Milla”, da directora e guionista francesa Valèrie Massadian.