Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad

Falamos con Farruco da radio, de La casa de la Troya e da vida

O actor e humorista expón no SCC Maruxa e Coralia a súa colección de edicións da novela de Lugín

Falamos con Farruco de La casa de la Troya, de la radio y de Santiago

Falamos con Farruco de La casa de la Troya, de la radio y de Santiago

11:53

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1683548788124/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

Entrevistar a Xosé Luis Bernal "Farruco" é repasar a historia de Santiago. Debido precisamente ó seu amor á cidade empezou unha colección de edicións de La casa de la Troya, a novela de Alejandro Pérez Lugín levada ó cine en 1959 con moito éxito. Agora atesoura xa corenta edicións que ata o verán poderán verse no centro sociocultural Maruxa e Coralia da zona vella.

"Chamoume a atención hai anos unha noticia nun xornal que contaba que La casa de la Troya fora a novela máis editada en España e América latina no primeiro cuarto do século vinte", conta. "A fundación en 1979 da asociación de antigos tunos fixo que, buscando logos, miráramos aquelas vellas edicións e dende aquela empecei a coleccionar ata antonte mesmo que encontrei a última do 1938". Farruco leva anos peinando librerías de vello, bibliotecas e ata museos.

Na súa visita ó Hoy por Hoy Santiago falou tamén da súa relación coa nosa emisora. "O meu nome artístico de Farruco naceu nun programa de Radio Galicia", conta, referíndose ó programa "Farruco e o veterinario", un espazo de orientación agropecuaria no que facía de vello de aldea, retranqueiro e farruco.

Na memoria garda tamén as historias de moitas personaxes de Compostela que recolleu nun libro como, por exemplo, as dúas Marías, Maruxa e Coralia. "Eu fun un dos poucos que entrou na súa casa da rúa do Espírito Santo. Elas eran como eran, cunha historia moi dura, irmás de membros fundadores da CNT e fundadores do xornal anarcosindicalista Solidariedade Obreira. Foron represaliadas e maltratadas pero entre Encarna e máis eu, dalgunha forma, sublimámolas demasiado e subímolas ós altares e, dalgún xeito, están xa á altura de Agustina de Aragón", conta entre risas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00