Economía y negocios

BNI Dólmen reúne a máis de 200 empresarios

Éxito rotundo na convocatoria dun dos motores económicos da bisbarra

A Costa da Morte

En agosto de 2017 vía a luz un proxecto que semellaba unha quimera: a fundación dun grupo de empresarios que fomentase a actividade económica a base de referencias mutuas. Onte puidose comprobar que, ás veces, soñar é o primeiro paso para facer as cousas realidade.

Vimianzo acolleu onte unha efeméride: dende a sua fundación, BNI Dólmen celebrou mais de 300 reunións para impulsar os seus negocios. Onte na capital de Soneira foron máis de 200 os empresarios que compartiron experiencias, moitos deles convidados e que se a chegaron a Vimianzo dende outras comarcas. Alí compartiron sinerxias cos máis de 80 asociados que ten BNI Dólmen, o grupo da Costa da Morte. As previsions da entidade comarcal é superar a centena de empresas nos vindeiros meses, dado o interés que está a espertar a súa actividade entre o tecido empresarial.

Na xuntanza de onte contaron coa presenza de Mónica Rodriguez, unha das triunfadoras das eleccións locais do pasado domingo. Ademais visitaron as instalacións de Gerca e Cárnicos Domínguez, dúas empresas de éxito tanto nos sdus resultados como na política de persoal

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00