¿Qué facer na Costa da Morte? Todos os plans na axenda cultural de Radio Nordés
Toda a actividade cultural da Costa da Morte nun verán cheo de citas: teatro, música, mostras, festas...
Costa da Morte
Toda a actividade cultural da Costa da Morte nun verán cheo de citas: teatro, música, mostras, festas...
Non deberías perder:
- Venres 30, 20h. Poderás gozar do espectáculo de humor “Bañistas Despistados” de Barafunda na Parza da Constitución de Cee.
- Venres 30, ás 19.30h. Inauguración da exposición Os morcegos de Galicia. No centro sociocomunitario de Caión. Poderá verse ata o 18 de setembro.
- Venres 30, Visita Nocturna ao Dolmen de Dombate. Ás 23h. Inscripción previa.
- Venres 30, ás 19.30 na Carpintería de Ribeira O Baladiño, Canduas. Presentación dos libros deHéctor Pose “Atlas sensorial dunha Costa da Morte” e “Corpos no Mar”. Organizado polas As. Cormoráns e Mallas na Area
- Venres 30, Iluminación da Fervenza do Ézaro ás 22:30 e ás 00:30h.
- Venres, 30 de agosto, no Ecomuseo do Forno do Forte, en Buño a partir das 22.00 proxección de El gato con botas. El último deseo.
- Venres 30, Festiletras, o Couto en Ponteceso. Mercado de Artesanía,música con Pakolas, Guadi Galego, Alana, Belem Tajes, Chicharrón e moitas máis actividades.
- Sábado 31, Iluminación da Fervenza do Ézaro ás 22:30 e ás 00:30h.
- Sábado 31. Iniciación á fotografía de natureza en Baldaio. Unha boa iniciativa para difundir e dar a coñecer o noso litoral. Inscrición previa.
- Sábado 31, 21h. Xabi Larrea presenta o espectáculo Up! Na Praza do Concello de Vimianzo.
- Sábado 31, Visita guiada polo casco antigo de Cee. Coñece a historia da vila de Cee e tódolos segredos que agachan os seus recunchos, Saída s 11h. da Casa de Cultura, duración aproximada dunha hora.
- Sábado 31, ás 11h. no Castelo de Vimianzo, Obradorio Modela o Barro coa colaboración do Obradoiro Lista de Buño.
- Sábado 31, dende as 11h. Romería tradicional de San Ramón nas Torres do Allo. Con obradoiros para nenas e nenos, actuacións musicais con Alana, Pako Pakolas e a banda de música Laviana. Merenda campestre e Mercado de Artesanía.
- Sábado 31, 20h. Ruta nocturna para coñecer os Morcegos de Caión. Duración 3h. 20 prazas, turismo@alaracha.gal
- Sábado 31, Festórreo en Lira, organizado pola As. Canle. Polo día e ata ben entrada a madrugada co Concerto de O Sonoro de Maxín, Monoulious Dop e os John Deeres e as divertidísimas Canle News. Xornada completa de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas. Máis información en canle.org.
- Sábado 31 Andaina guiada por José Luís Guiadás con saída dende o local da As. de veciños de Brantuas ás 9h. Ás 17 Maxia co Mago Antón e a partir das 21h. actuación do grupo de pandereteiras Sua Cerca.
- Sábado 31 Visita Teatralizada en Dombate cos Quinquilláns. Ás 11.30 e ás 13h.
- Sábado 31, Visita Teatralizada no EcoMuseo do Forno do Forte: Ao Principio Había Barro con Raquel Crespo e Yago Espasandín, ás 12.00. Para todos os públicos. Sen inscrición previa, de balde.
- Sábado 31, ás 11h. Obradoiro de IA cos profesores do IES de Baio Fina Paulos e Óscar Rey, participantes no congreso mundial de educación Educa 2024. É preciso inscribirse en pontecesoculturapermanente@hotamail.com
- Sábado 31, Festiletras, o Couto en Ponteceso. Mercado de Artesanía,música con Sés, Lontreira, Depedro, Fillas de Casandra, Antía Muíño e moitas máis actividades.
- Domingo 1 Set. ás 12h. Presentación do libro de Memoria Histórica sobre a biografía de Manuel Varela Pose (Manolo de Soneira)con actuación do violinista Simón Gallego. Ás 15.45 actuación musical da C’LAM
- Domingo 1 set. Festiletras, o Couto en Ponteceso. Mercado de Artesanía,música con Pelepau, Pablo Díaz, De Ninghures, Olga Kirk e moitas máis actividades.
Festas e Verbenas
- FESTAS da MILAGROSA de Carballo. 30 e 31 de agosto e 1 de setembro. Co Combo Dominicano, Trébol, La Banda de Ayer e moito máis.
- FESTAS de BAIÑAS. Co Grupo Bomba, Dj Roquiño, CDC, París de Noia...
- Venres 30, Festas de Santa Rosa, Laxe
- Venres, sábado e domingo Festas de San Ramón en Cabovilaño, A Laracha
A Axenda complétase con todas estas propostas
CAMARIÑAS
- Visitas Guiadas Camariñas vive o Mar. Os días 6, 13, 20 e 27 de setembro e 4, 11, 18 e 25 de outubro. Inscrición previa no concellos
- O sábado 7 de setembro terá lugar a Andaina Solidaria pola Ataxia. Partirá ás 12 do mediodía dende o Paseo Marítimo da Ponte do Porto. Haberá callos, tortilla e música con diversos Dj´s ademais de exposición de coches clásicos, sorteos e máis sorpresas.
CARBALLO
Setembro
· Día 4, "Océanos, basuras mariñas e economía circular” mares circulares Coca-Cola. Antonio Castro, director de proxectos de chelonia
· Día 7, Roteiro polos "contos mariños de Carballo", con Xabier Maceiras. Treito 2: Pedra do Sal-Razo
DUMBRÍA
- Iluminación da Fervenza do Ézaro os venres, sábados e vésperas de festivos ata o 21 de setembro, ás 22:30 e ás 00:30h.
MALPICA
- Domingo 8 de setembro. Espazos Sonoros, Concero de Ensemble Phaedrus na Igrexa de Santiago de Mens ás 18h.
PONTECESO
- Ata o 15 de setembro no MACCMO de Corme pode verse a exposición-homenaxe Manuel Pailós con obras do artista e doutros artistas galegos inspiradas na pintura de Pailós.
VIMIANZO
- Visitas Teatralizadas. Os Quinquilláns achegan o valor patrimonial do Castelo os domingo 1, 8 e 15 e setembro. serán ás 12:00 horas e ás 17:00 horas. As visitas son completamente gratuítas e necesitan de inscrición previa para poder asistir.
- Visitas Guiadas a distintos puntos de interese patrimonial ata o 15 de setembro. No Castelo de martes a Venres ás 11h. e ás 19h. os sábados ás 17 e 19h. Nos batáns do Mosquetín de martes a venres ás 12.30 e ás 17.30h. No Dolmen de Pedra Cuberta os mércores ás 16h. No Castro das Barreiras os xoves ás 16h e no porto de Cereixo os venres ás 16h.