Sociedad

Veciños da Anchoa en Fisterra concéntranse reclamando maior seguridade viaria

O atropelo mortal, no que perdeu a vida Pepe do Mouro esgotou a paciencia dos veciños

A Costa da Morte

O atropelo mortal deste pasado domingo, no que perdeu a vida José Sixto Pampín, Pepe do Mouro de 80 anos, esgotou a paciencia dos veciños desta zona, na entrada de Fisterra, fartos da inseguridade coa que viven a diario sen que a Xunta poña solución.

A Anchoa é unha longa recta que nos 90 e 2000 sufriu unha edificación masiva incrementando de xeito considerable a poboación, sobre todo en verán, xa que moitos dos pisos están habitados so en época estival.

O gran número de vehículos que pasan e a alta velocidade á que o fan, o límite está fixado en 70 Km/h pero non sempre se cumpre, fan que en ocasión se tarde ata 15 minutos en cruzar con tranquilidade e que na maioría das veces “nenos e maiores arriscan a vida cada vez que precisan acudir a algún servizo do barrio ou visitar a outro veciño”.

Dende a asociación Cultural A Anchoa critican que cada catro anos escoitan as mesmas promesas de pasos de peóns, carrís bici, beirarrúas ou parques entre outras pero que nunca se cumpren.

Conscientes de que estrada é responsabilidade da Xunta e coñecedores de que dende o concello xa hai tempo que se solicitou autorización para realizar varias melloras na seguridade pero polo momento non houbo resposta dende a administración autonómica.

A situación leva a esta asociación a convocar unha concentración ás 12 do mediodía no lugar no que tivo lugar este último accidente mortal, diante da cafetería A Taberneira, esixindo unha solución á situación na que se atopan. Din estar cansos de que se lles pechen as portas porque esa zona non está considerada urbana e pregúntanse “cantas máis vítimas teremos que lamentar ante a pasividade da Xunta e outros organismos implicados”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00