Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Ciencia y tecnología

A transformación dixital das universidades europeas, a debate en Vigo

A cidade olívica será a sede do Congreso EUNIS 2023, a organización europea de sistemas de información da educación superior

Entrevista a Martín López Nores,  responsable del comité organizador del Congreso EUNES2023

Entrevista a Martín López Nores, responsable del comité organizador del Congreso EUNES2023

10:22

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1686658036268/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

No espazo de 'Bata, Bota e Bits' do Hoy por Hoy Vigo fixemos este martes unha previa do congreso EUNIS2023, a cita anual da European University Information Systems, que este ano organiza a Universidade de Vigo entre os días 14 e 16 de xuño.

Baixo o lema "Universidades europeas e a transformación dixital: retos e oportunidades por diante", ao longo de tres xornadas máis de 200 persoas chegadas de diferentes países europeos daranse cita no Auditorio Mar de Vigo para debater sobre a xestión con tecnoloxías da información e achegar solucións no campo académico, docente e investigador. As principais accións impulsadas polo EUNIS, fundada en 1998, son o fomento do intercambio, a cooperación e debates entre os responsables dos sistemas de información da educación superior ou institutos e organizacións dentro de Europa; así como establecer relacións con organismos de supervisión a cargo dos sistemas de información en educación superior e nos institutos de investigación superior en cada país, así como a nivel continental.

Deste congreso falounos en profundidade Martín López Nores, docente e investigador da UVigo e responsable do comité organizador, que o xoves de 9:45 a 11:00 horas fará unha ponencia titulada: “Explorando as posibilidades do metaverso en contornas de educación superior”. Nela, se debatirá das oportunidades e desafíos que pode implicar o mundo virtual na renovación pedagóxica e na innovación do profesorado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00