Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Ruta artes e oficios

As rutas de artes e oficios regresan a Tomiño este verán

Xa está aberta a inscrición na web municipal para poder participar

O Concello de Tomiño pone en marcha un ano máis as Rutas de Artes e Oficios para achegar á veciñanza a esta realidade. Estas ofrecerán tres visitas comentadas polas e polos artistas e artesáns, todas de balde, coas que promocionar esta riqueza cultural e patrimonial. A inscrición para poder participar xa está aberta na web municipal.

Durante a visita, as persoas que participen poderán coñecer o día a día dos traballos que levan a cabo os diferentes profesionais, coñecendo os procesos de elaboración, os materiais empregados e os segredos que se queiran amosar ó público in situ.

A Ruta de Artes e Oficios arranca esta edición o vindeiro xoves 13 de xullo cunha visita guiada ós Viveiros da Barxa ás 20:30 horas. Os participantes terán a oportunidade de coñecer como se traballa nun dos sectores máis importantes para a economía do municipio, neste caso achegándose a un viveiro especializado en plantas ornamentais. A segunda das rutas será xa o día 3 de agosto, á mesma hora, para que o público coñeza as diferentes variedades de cítricos coas que traballan en Cítricos Rías Baixas, así como todo o relacionado co seu cultivo, os coidados ou a demanda do público.

A alcaldesa, Sandra González, explica que non hai mellor forma de promocionar o seu patrimonio cultural que "mergullándonos no día a día do traballo destes e destas profesionais, coñecendo dende os talleres nos que se forxa a creatividade ata os viveiros nos que florece a nosa propia natureza".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00