O incendio dun transformador eléctrico en Carballo evidencia as deficiencias no material co que deben traballar os bombeiros
os extintores, caducados dende hai anos, non funcionaron.


Costa da Morte
Dúas horas antes de que pechara o parque carballés o pasado domingo deuse aviso dun lume nun transformador eléctrico da rúa Xallas en Carballo. Afortunadamente o lume empezou antes das 9 da mañá porque dende esa hora xa non había bombeiros debido á folga. Os bombeiros dependentes do Consorcio non fan horas extras en protesta pola súa situación laboral, debido á baixa dun dos bombeiros non foi posible completar o mínimo legal para que o parque estea operativo pechando ao longo de toda a xornada dominical e ata as nove da mañá do luns.
antes do peche os bombeiros acudiron a sufocar un lume nun transformador eléctrico na rúa Xallas de Carballo atopándose con máis problemas dos esperados, non só polo perigoso deste tipo de incendios eléctricos, senón porque no momento no que se dispoñían a utilizar os extintores atopáronse con que non funcionaban. Segundo asegura José barca, representante sindical estes extintores levan anos caducados pero dende a administración non os repoñen. Desta maneira ponse en risco a integridade do colectivo que, neta ocasión, víronse obrigados a improvisar un método que acabase co lume antes de que se propagase por todo o edificio.
Dende o inicio da folga o parque de Carballo xa pechou 2 días e o de Cee outros 2. Non pode descartarse novos peches esta semana.
As consecuencias deste lume provocaron importantes problemas no sector hostaleiro carballés ao deixar sen subministro eléctrico durante máis de 10 horas toda a zona. as cafeterías e restaurantes víronse obrigados a pechar en pleno domingo de xullo con todo reservado
Un dos afectados foi o restaurante Río Sil, aínda que lograron facerse cun xerador para dar servizo aos clientes do hotel non lles foi posible servir comidas. Os cambios de tensión provocaron avarías en varios aparellos que xa puxeron en coñecemento do seguro.
Marcos Seoane, responsable do restaurante asegura non entender como as multinacionais non poden dar solución a estes incidentes con maior celeridade xerando importantes perdas a moitos pequenos empresarios.




