Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

Carballo inicia a renovación dos parques infantís

O da Ponte de Bértoa é o primeiro dos cinco que serán renovados

O Parque de Bértoa, en obras

Carballo

A área recreativa da Ponte de Bértoa está sendo obxecto dunha reforma integral, unha actuación que conta cun orzamento de 150.000 euros. As obras consisten na instalación de novos xogos, mellora da accesibilidade e instalción de xogos adaptados. Tamén vaise dotar de espazos de descanso para os adultos coa intención de que nestes espazos se xere unha convivencia interxeracional. En Bértoa vaise instalar céspede artificial e un novo pavimento de cemento pulido no espazo correspondente á pista polideportiva, onde se marcarán as liñas dos campos, renovando o pechamento e o equipamento deportivo.

O Concello carballés está pendente da adxudicación do proxecto "Carballo para a infancia" no que se investirán 550.000 euros nos parques da praza do Concello, A Milagrosa e Eduardo Pondal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00