Directo

PLENO DEL CONGRESO Investidura de Feijóo, en directo: última hora del debate en el Congreso

Vídeo

CARRUSEL DEPORTIVO Sigue en directo el España-Suiza y el Mallorca-Barça en 'Carrusel Deportivo' con Dani Garrido

Ocio y cultura

Tres libros para comezar ben o curso no `Faiado dos Libros´

Celia Fernández, responsable do Espazo Lector Nobel, trae ao estudio Ramón Puga tres gorentosas lecturas

Ourense

Celia senta no estudio. Como cada semana trae tres libros, tres. Desta volta, abrimos o faiado para coller folgos e iniciar curso. A literatura alimenta, tal e como nos ten contado Fernández, responsable do Espazo Lector Nobel, en máis dunha ocasión.

Abrimos o primeiro libro, que precisamente é unha homenaxe ao poder das historias, xa que Monsier Picquier di que un día sen ler é un día perdido. Un libro asinado por Marc Roger chamado La libería de monsieur Picquier que supón "unha novela de iniciación para os amantes dos libros e a lectura".

Galaxia é unha das editoriais que nunca falta neste espazo literario no que os libros en galego sempre están sobre a mesa. Un home que XACEU aquí é a proposta de Aníbal C. Malvar. Páxinas que poden ser moitas cousas e á vez ningunha. "Unha satírica traxicomedia, unha intriga policial, un axuste de contas...", boa lectura!

A última proposta que nos traen dende o Espazo Lector Nobel é La preocupación de Lucía de Tom Percival que xa vai pola segunda edición. Un libro para convidar ás nenas e nenos a compartir as súas preocupacións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00