Directo

LA SER, EN WHATSAPP Síguenos para estar al día de la actualidad, conocer las noticias más leídas y descubrir historias

Política

Un pleno madrugador

O pleno solicitado polo BNG de Muxía e IxM será ás 8:30 da mañá

A voceira do BNG muxián, Mercé Barrientos, conversa cos veciños afectados polo mal estado dunha estrada

Muxía

Pasado mañán, mércores 13, e ás 8:30 da mañán. Esa é a data na que quedou finalmente fixado o pleno extraordinario solicitado polo BNG de Muxía e os Independentes. "Na data límite para facelo" e a unha hora na que se dificulta a asistencia de público, critican os nacionalistas.

O principal asunto da orde do día é a reparación da ponte sobre o Rego de Vilachán, unha actuación necesaria "para abrir unha estrada que vai para os catro meses pechada" sinalan dende o BNG. Así mesmo pedirán o encargo do proxecto técnico, o modo de financiación e a tramitación dos permisos a Augas de Galicia para axilizar as obras.

Ademais tamén se van solicitar as reparacións urxentes de vías "que levan meses ou mesmo anos estragadas" denuncian dende o BNG. Citan a reparación do cruzamento Castelo-Senande (vital na conexión Muxía-Cee), a vía Vilar de San Martiño-Añobres, a pista de San Martiño en Merexo (impractivable en opinión do BNG), a vía de acceso a Agrodosío e vías secundarias de Senande, especialmente a que conduce á depuradora.

Outro dos asuntos a tratar nesta sesión é comenzo das obras da estrada Leis-Cereixo, aprobada pola Deputación en 2022 pero que, denuncian os nacionalistas, sigue sen executarse. Por último, dende o BNG solicitarán ao goberno municipal a mellora no sistema de recollida d elixo que, según este grupo, provoca queixas continuas polos "cheiros e estado dos contedores".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00