Política

A Deputación dá luz verde ás melloras viarias en Bermún (Cee)

Construirase unha rotonda e renovaranse as beirarrúas nunha actuación que supera os 600.000 euros

Plano da actuación a realizar en Bermún

Cee

A Deputación provincial adxudicou os traballos para mellorar a seguridade viaria na estrada DP-2303 en Bermún, no concello de Cee. O investimento supera os 600.000 euros. Deste xeito vaise mellorar a seguridade peonil nunha zona onde está situada unha escola infantil.

Os traballos inclúen a mellora das beirarrúas cunha ampliación ata os dous metros de ancho, renovándose o pavimento da senda e ampliándose cara o sur ata o cruce coa AC-552,. No plan está previsto dotar ao espazo na súa marxe esquerda dunha ringleira de aparcamentos. Ademais construirase unha rotonda de 28 metros de diámetro exterior para reducir a velocidade dos vehículos que circulan por esta zona na que está ubicado un centro escolar. As obras iclúen a mellora da drenaxe, sumidoiros, tuberías de pluviais e a renovación da sinalización vertical e horizontal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00