Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Falecen os dous feridos no incendio de Lira

A súa parella, tamén afectada polo incendio, finou a última hoa de onte

Bombeiros e GES de Muros acudiron ao rescate en Lira

Bombeiros e GES de Muros acudiron ao rescate en Lira

Carnota

O incendio do pasado luns na vivenda de Lira acabou por cobrar as vidas das dúas vítimas das lapas. A última hoa de onte falecía a muller que resultara ferida polas lapas. Logo da morte do varón no mediodía do martes, a mullere tampouco puido superar a gravidade das queimaduras que afectaban ao 95% da superficie corporal.

O varón ferido no incendio da súa vivenda en Lira (Carnota) finou no mediodía do martes no CHUAC. Rogelio González Senande perdeu a vida debido ás graves queimaduras producidas nese lume. A súa parella tamén fora ingresada na unidade de grandes queimados do hospital coruñés logo de ser trasladados dende o hospital da Costa da Morte. A muller tiña afectado o 95% da superficie corporal con queimaduras de terceiro grao.

Segundo os participantes no operativo de rescate, a orixe do lume estaría na deflagración no depósito de combustible dunha desbrozadora, un utensilio que manipulaban no interior da vivenda. O lume extendeuse rápidamente por toda a casa. A muller conseguiu fuxir a un piso superior mentres tentaba apagar as lapas que consumían a súa roupa, sen conseguir evitar que o fogo afectase a prácticamente todo o seu corpo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir