Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A irmá dun vigués executado en 1975 únese a campaña de Amnistía Internacional contra a pena de Morte

Pide que se impida a execución dun mozo iraniano de 22 anos

Mohammad Ghobadlou.

Mohammad Ghobadlou.

Vigo

Flor Baena Alonso, irmá de Xosé Humberto Baena Alonso, un dos dous vigueses executados polo Franquismo en setembro de 1975, protagoniza un vídeo distribuído hoxe por Amnistía Internacional nas redes sociais co gallo do día internacional contra a pena de morte. No vídeo, Flor Baena fai un chamamento á opinión pública para impedir a execución dun mozo iraniano de 22 anos condenado por protestar contra o réxime en Irán.

Mohammad Ghobadlou ten 22 anos, unha discapacidade mental crónica e foi condenado á morte dúas veces en Irán. A primeira foi confirmada polo Tribunal Supremo a finais de abril, a pesar de que non tivo en conta cuestiones como a saúde mental de Mohammad. A segunda, imposta por un tribunal revolucionario por “corrupción na terra”, en novembro de 2022, aínda segue pendente de solicitude de revisión xudicial. O chamamento de Amnistía Internacional (AI) a prol do seu caso leva recollidas máis de 55.000 sinaturas, que serán entregadas ás autoridades iranianas para que anulen a condena a morte de Mohammad e as de todas as persoas condenadas por participar nas protestas en Irán.

Mohammad non tivo un xuízo xusto. Negáronlle asistencia letrada, foi golpeado en repetidas ocasións e retiráronlle a medicación que tomaba para tratar o seu trastorno bipolar a fin de obrigalo a “confesar” que atropelara deliberadamente a varios axentes para causarlles a morte. Durante as sesións do xuízo, as autoridades recluírono en réxime de illamento, privárono de acceso aos seus familiares e ao seu equipo de defensa e mantivérono sen medicar, co que a súa situación de vulnerabilidade agravouse.

Desde finais de abril de 2023, as autoridades iranianas embarcáronse nunha alarmante vaga de execucións de ducias de persoas e intensificaron a aplicación da pena de morte como ferramenta de represión, especialmente tras a morte de Mahsa Amini, da que se cumpriu un ano o 16 de setembro. Neste último ano, sete persoas foron executadas en relación coas protestas. Varias delas foron condenadas tras participar en manifestacións, torturadas, sometidas a simulacros de execución, ameazadas con matar os seus familiares e obrigadas a facer declaracións incriminatorias.

“O meu irmán Xosé Humberto foi condenado á morte tras un xuízo inxusto por un delito que non cometera e foi executado en setembro de 1975”, declarou Flor Baena, que engadiu “No día mundial contra a pena de morte, únome ao chamamento de Amnistía Internacional para parar a execución dun estudante iraniano de 22 anos, condenado por participar nas protestas en Irán que lideraron as valentes mulleres iranianas e acadar un mundo sen execucións.”

Xosé Humberto Baena

Xosé Humberto Baena Alonso foi un dos dous vigueses executados o 27 de setembro de 1975 nos derradeiros fusilamentos do réxime franquista logo dun xuízo inxusto tras ser condenado por un delito de asasinato que non cometera. Os xuízos inxustos do Franquismo foron anulados na Lei de Memoria Democrática aprobada en 2022.

Segundo un informe de AI publicado en maio deste ano, as execucións rexistradas en 2022 alcanzaron a cifra máis alta desde 2017 por mor dos baños de sangue que levaron a cabo os executores máis soados de Oriente Medio e o norte de África, responsables da execución de 825 persoas do total de 883 documentadas en 20 países, un 53% máis que en 2021, cifra que non inclúen os miles que se cre levaron a cabo en China o ano pasado. O 90% das execucións coñecidas no mundo fóra de China foron levadas a cabo por só 3 países da rexión. Así, as execucións rexistradas en Irán aumentaron de 314 en 2021 a 576 en 2022; en Arabia Saudí, as cifras triplicáronse, pasando de 65 en 2021 a 196 en 2022 —a máis alta rexistrada por Amnistía en 30 anos—, mentres Exipto executou a 24 persoas.

O número documentado de persoas executadas por delitos de drogas duplicouse en 2022 en relación con 2021. Documentáronse execucións por delitos de drogas en Arabia Saudita (57), China, Irán (255) e Singapur (11), que representaron o 37% de todas as execucións documentadas en todo o mundo por Amnistía Internacional.

Neste sombrío contexto, houbo un raio de esperanza, pois seis países aboliron a pena de morte total ou parcialmente. Kazakhstán, Papúa Nova Guinea, Serra Leona e República Centroafricana aboliron a pena de morte para todos os delitos, mentres que Guinea Ecuatorial e Zambia abolírona só para os delitos comúns.

En decembro de 2022, 112 países aboliran a pena de morte para todos os delitos e 9 abolírana só para os delitos comúns.

“Con 125 Estados membros da ONU —máis que nunca— que piden unha moratoria das execucións, Amnistía Internacional non sentiu xamais tanta esperanza como agora de que este abominable castigo pode ser relegado aos anais da historia e de que así vai ser. As tráxicas cifras de 2022, con todo, lémbrannos que non podemos durmirnos nos loureiros. Seguiremos facendo campaña ata que a pena de morte quede abolida en todo o planeta”, declarou Isabel Flores, voceira de Amnistía Internacional Vigo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir