Actualidad

O Tribunal Supremo tumba o mapa do transporte da Xunta de Galicia

Segundo o demandante, a decisión pode acarrear consecuencias penais para a o persoal da Consellería e afectar ao mapa do transporte doutras Comunidades Autónomas

Alsa e Monbus competiron de xeito fraudulento segundo o Tribunal Supremo e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia / AYTO LAREDO

Costa da Morte

A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo vén de tumbar o recurso presentado pola Xunta de Galicia e as empresas Monbus e Alsa contra a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que tumbaba unha parte do mapa do transporte da propia Xunta. O máximo tribunal rechaza os argumentos presentados nos recursos, censura á administración galega por non investigar "os indicios racionais de infracción" e rechaza que dúas empresas do tamaño de Monbus e Alsa concursen como UTE á procura da liñas de transporte. Foi a raíz dunha denuncia dun veciño de A Laracha á que tivo acceso Radio Nordés Cadena SER.

Segundo o demandante, Juanjo Ruíz, a decisión pode ter consecuencias penais para a persoal da Consellería de Mobilidade, así como a prohibición a Mombus e Alsa a participar durante 10 anos nos concursos da Xunta. Espera Ruíz que dende os partidos da oposición, PSOE e BNG, se solicite unha comisión de investigación no Parlamento Galego.

Esta decisión do Supremo abre a porta a que as empresas prexudicadas reclamen danos e prexuízos e mesmo podería ter consecuencias no mapa do transporte doutras Comunidades Autónomas nas que estas empresas utilizaron o mesmo sistema.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimara un recurso contencioso administrativo do mesmo demandante contra a Comisión Galega da Competencia. Nese recurso existían "indicios de terse repartido o mercado ao concurrir ao concurso a través dunha UTE". Segundo a máximo tribunal galego a Comisión arquivara o caso "sen realizar a comprobación daqueles feitos, existindo indicios racionais de infracción".

Segundo o máximo tribunal, Alsa e Monbús concurrían como UTE en 5 dos 29 lotes e no resto aos que licitan, facíano con empresas locais. Ningunha das dúas empresas presentábanse no lote no que o facía o seu competidor. "Non era preciso concurrir en UTE nos 5 lotes nos que o fixeron, ao ser os grupos empresariais de maior dimensión con gran diferenza dos que se presentaban a concurso, tendo suficientes medios para concurrir individualmente". O Tribunal defende que a licitación en UTE debe realizarse cando as empresas, pola súa capacidade económica ou financieira, precisen complementarse. Neste caso todo apunta a que Alsa e Monbus concurriron en UTE "para repartirse o mercado, non acreditándose nin a necesidade nin os efectos beneficiosos" de concurrir asociadas. Para o Tribunal Supremo, "a Comisión Galega da Competencia nin analizou nin comprobou se esa distribución por lotes favorecía a Alsa e Monbus" como tampouco velou por evitar o falseamento da libre competencia ou ás esixencias do mercado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00