Política

O BNG aposta por "un novo tempo" na Mancomunidade de Fisterra

Os nacionalistas apostan por compatir a recollida do lixo, o servizo de grúa ou a polícía local

Muxía é un dos concellos que integra a Mancomunidade / Enrique Díaz / 7cero

Costa da Morte

O Bloque Nacionalista Galego quere dar un impulso a Mancomunidade de Fisterra. Os nacionalistas por unha xestión conxunta de servizos nos concellos que integran a Mancomunidade (Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría e Muxía). É por iso que veñen de presentar un documento para que se debata tanto no ente supramunicipal como nos concellos que a integran co fin de avanzar nesa dirección. Sinalan á Deputación como un actor clave neste plan e instan a celebrar unha xuntanza para explorar a viabilidade e o financiamento destas medidas mediante un estudio.

A proposta dos nacionalistas, sen ser unha lista pechada, céntrase en mancomunar o servizo da recollida de lixo, establecer un punto limpo para residuos voluminosos e líquidos, un servizo de grúa para retirada e depósito de vehículos, recollida de animais soltos e abandoados, a Protección Civil, a Policía Local e a subministración de enerxía eléctrica.

Aclaran dende o BNG que algún deses servizos xa se presta en mancomún, como por exemplo a Protección Civil, onde as diversas agrupacións xa colaboran para cubrir os eventos da bisbarra. No tocante á Policía Local, só Cee, Fisterra e Muxía dispoñen dela, inda que nalgúns casos conviven coa falta de efectivos. Lembran que no tocante á recollida de animais abandoados, o gasto para os concellos da bisbarra comenza a ser "desorbitado", abrindo o debate sobre a creación dun centro público de acollida.

A Mancomunidade "Comarca de Fisterra" naceu en xaneiro de 1995 para compartir o servizo de abastecemento de auga, así como o saneamento das vilas de Cee e Corcubión. Os Estatutos fundacionais abren a porta a poder mancomunar outros servizos, inda que nunca se chegou a botar man desa ferramenta para aumentar as funcións do ente. Segundo o BNG, a veciñanza reclama unha mellor prestación de servizos e os concellos asumen competencias que non lles corresponden sen contar con respaldo financieiro para tal fin. A unión para ofrecer mellores servizos é a solución que ven os nacionalistas para "loitar contra o despoboamento", "evitar situacións insostibles na xestión do día a día ou a propia desaparición de servizos". A prestación mancomunada pode ser o xeito "optimizar a xestión, aforrar custes" e evitar a fuga de eciños a outros concellos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00