Alternativa dos Veciños e PSOE acadan un acordo de gobernabilidade en Fisterra
O pacto inclúe a
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/XHCP5AI74JCA7F72WTE5CBW3J4.jpg)
A recta da Anchoa é un dos espazos sobre o que AV e PSOE pactaron actuar
Fisterra
Alternativa dos Veciños e PSOE de Fisterra asinaron esta noite un pacto de gobernabilidade do que finalmente excluiuse por vontade propia o BNG. AV e PSOE acordaron unha folla de ruta a desenrolar na lexislatura 2023-2027, comprometéndose a acadar o acordado ou, cando menos, a "iniciar a súa tramitación". Ambas formacións comprometéronse a consensuar a aprobación dos orzamentos durante a lexislatura e a formar unha comisión de seguimento para avaliar o grao de cumprimento do pacto.
O documento enumera 20 puntos que AV e PSOE acordaron fixar como obxectivo prioritarios par ao período 2023-2027. Os compromisos son:
1. Continuar coa tramitación puntual do PXOM que está en proceso para acadar a súa aprobación definitiva, cumprindo coa pertinentes exposición públicas e atendendo as alegacións de afectados/as e interesados/as.
2. Continuar coa tramitación do PEPRI (Plan Especial de Reforma Interior), comprometéndose a a realizar unha revisión exhaustiva de todas as alegacións presentadas.
3. Levar a cabo os trámites necesarios para a recuperación como espazo público de toda a zona de Súa Cruz.
4. Elaborar o proxecto de desenvolvemento da zona verde do Montarón.
5. Xestionar coas administracións competentes os cambios e melloras necesarios para que os paseos marítimos sexan transitables.
6. Iniciar os trámites para a ampliación do paseo marítimo de Sardiñeiro.
7. Realizar as xestións necesarias para conseguir a cesión do edificio do Faro co fin de crear un centro de interpretación.
8. Requerir á Xunta que saque a licitación o proxecto de humanización da recta da Anchoa.
9. Iniciar as obras para por en valor e en funcionamento o cemiterio de Cabanas.
10. Redactar os proxectos necesarios para a renovación das vías de acceso á praia e ao parque de Sardiñeiro "e levalos a cabo tan pronto como sexa posible".
11. Continuar a separar as redes de pluviais e residuais no casco urbano.
12. Ampliar a rede de saneamento e a rede de auga municipal para que chegue asos núcleos que carecen delas.
13. Manter o municipio en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.
14. Elaborar unha ordenanza municipal para regular as caravanas e autocaravanas.
15. Elaborar unha ordenanza municipal de protección das vías, pistas forestais e camiños reais municipais.
16. Ordenanza municipal de regulamento orgánico municipal.
17. Actualización e aprobación do inventario de bens municipais.
18. Realizar trámites precisos para ampliar o persoal municipal de servizos múltiples.
19. Cooperar co "Destino Turístico Starlight" propoñéndolle unha localización para crear un observatorio de estrelas.
20. Seguir adheridos ao proxecto "Os derradeiros solpores de Europa"