Sociedad

O sorteo da lotaría deixa migallas na bisbarra

En Ponteceso, Carballo e Laxe vendéronse décimos dos quintos premios

O sorteo de Nadal foi esquivo coa comarca / Emilio Naranjo EFE

Costa da Morte

A veciñanza da bisbarra pasou a xornada pendente dun sorteo de lotaría de Nadal que foi esquivo coa Costa da Morte. Únicamente algúns décimos dos quintos premios foron vendidos en Ponteceso, Carballo e Laxe. A falta de premios gordos, agora será turno de comprobar os décimos e verificar se, cando menos, se pode celebrar unha pedrea.

En Ponteceso vendeuse un décimo do 88.979 na administración número 1 situada na Avenida Eduardo Pondal. O agraciado levará 6.000 euros de premio e na administración vendedora amosaban a súa felicidade ao ter a oportunidade de vender un premio da lotaría de Nadal por primeira vez na súa historia. Unha situación similar á vivida na administración número 1 de Carballo, na rúa do Hórreo, onde cun décimo vendido tamén se estrearon repàrtindo felicidade neste sorteo por primeira vez. O 57.421 deixarán 6000 euros ao apostante que tivo a boa mande atinar mercando o décimo deste número.

Laxe foi quen saiu mellor parada neste sorteo. Casa López, na rúa Rosalía de Castro, vendeu oito décimos do 86.007, o que vai supoñer 40.000 euros. Neste caso xa non é a primeira vez que reparten sorte, xa que hai dous anos venderon outro quinto premio que deixou na vila 120.000 euros.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00