Directo

CASO KOLDO Última hora de Ábalos, en directo: reacciones al 'caso Koldo' y su desafío al PSOE

Política

O buque causante do verquido de pellets navega con bandeira de conveniencia

Bandeira liberiana, armador en Illas Bermudas e sede empresarial en Chipre. Descoñécese o contido de cinco contedores perdidos

Buque Toconao en plena navegación

Costa da Morte

Unha vez máis as catástrofes marítimas en Galicia están protagonizadas por buques cunha orixe opaca. Ao igual que sucedeu en casos precedentes coma o do Casón ou o Prestige, o barco que vén de inzar as praias do país de pellets obriga a desentrañar tanto a súa orixe como a súa propiedade, o que anuncia posibles complicacións para repercutir os gastos da limpeza dos areais.

O Toconao, buque construido en 2013, perdeu parte da súa carga á altura de Portugal. unha ruta habitual. Tras perder a carga ao redor do 8 de decembro, inda faría outra navegación máis fronte a costa galega, dende o porto alemán de Bremerhaven á cidade marroquina de Tánxer entre o 17 e o 24 do mes pasado.

Na singladura na que perdeu os pellets tamén extraviou cinco contedores dos que aínda nada se sabe sobre a súa carga. Hoxe, 8 de xaneiro, o Toconao atópase realizando outra navegación entre El Pireo, en Grecia, e o porto turco de Izmir. Navega baixo bandeira liberiana, un dos pavillóns de conveniencia que operan no tráfico marítimo internacional. Pero a súa orixe exótica non queda aí, xa que a empresa armadora, Polar 3LTD, está radicada nas Illas Bermudas, considerado un paraíso fiscal pola Facenda española. O propietario do barco é Heinrich Schoeller, un empresario alemán que ten fixado o seu domicilio fiscal en Limassol, a capital de Chipre. Todo este entramado empresarial e curiosos domicilios pode ser o preludio doutra batalla xudicial para conseguir recuperar os gastos orixinados pola limpeza dos areais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00