Directo

CASO KOLDO Última hora de Ábalos, en directo: reacciones al 'caso Koldo' y su desafío al PSOE

Sociedad

“Non é posible limpar, o único que facemos é parchear”

Varios colectivos piden que se declare mercadoría perigosa o granulado plástico

A Asociación Mar de Fábula leva dez anos traballando para limpar as praias e cantís na Costa da Morte e outras zonas do litoral coruñés.

Nestes días, coordinados co concello de Camariñas, están levando a iniciativa na limpeza dos granulados que chegan ás praias.

Esta fin de semana contaron coa axuda de duns 7 membros da brigada do Mar, unha das asociacións ambientalistas máis importantes de Portugal. Xuntos taballaron retirando lixo en Camelle, reira ou Nemiña.

Segundo conta Virginia Barros, presidenta de Mar de Fábula, non é posible limpar todo o granulado que chega ás praias, “o único que estamos facendo é parchear un enorme problema”. Neste momento varios colectivos están xa traballando para esixir que o granulado plástico sexa considerado mercadoría perigosa, deste xeito sería obrigado cumprir normas máis estritas para o seu transporte reducindo en gran medida a probabilidade de de que volva a acontecer un episodio como o do Toconao.

Entre as medidas que propoñen está que os contedores que transporten granulado teña que ir na bodega dos barcos e non na cuberta ou que se poñan dispositivos de localización GPS.

Igualmente continuarán limpando praias na zona, a próxima fin de semana volverán contar coa axuda da Brigada do Mar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00