Directo

CASO KOLDO Última hora de Ábalos, en directo: reacciones al 'caso Koldo' y su desafío al PSOE

Política

O alcalde de Muxía acusa á voceira do BNG de suplantar a un traballador municipal para obter información dunha empresa

O caso das marquesiñas de bus está crispando a política muxiá máis do xa habitual

Muxía

Iago Toba saíu ao paso das críticas do BNG respecto á tardanza na substitución das marquesiñas do bus escolar que manteñen aos usuarios á intemperie dende que comezou o curso. Toba explicou a situación logo das críticas chegadas dende a formación nacionalista, asegurou que a substitución des marquesiñas xa estaba prevista moito antes de que o BNG o reclamase e que o retraso débese a que precisan permisos da Xunta ao aproveitar para facer un cambio de lugar.

O rexedor amosouse especialmente duro coa voceira nacionalista, Mercé Barrientos, á que acusou de facerse pasar por un traballador municipal para obter información da empresa que fabrica as marquesiñas, para Toba a actuación de Barrientos “Roza a indecencia” cando podía obter a mesma información preguntando á secretaria municipal. Continuou o alcalde dicindo que a voceira do BNG “non é ninguén para chamar a unha empresa solicitando que apuren”, cualifica esa acción de “atrevemento dunha persoa que non está nos seus cabais”.

Pola súa banda Mercé Barrientos nega as acusacións, asegura que en ningún momento se fixo pasar por outra persoa e que se identificou co seu nome en todo momento.

Iago Toba falou tamén do SAF, as traballadoras deste servizo de axuda no fogar municipal aínda non cobraron o soldo de xaneiro. Toba asegura que se debe ao momento no que se atopa o novo proceso de licitación e que as facturas de decembro deben aprobarse no pleno de xaneiro que se celebrará a vindeira semana. Considera o rexedor muxiá que debe ser a empresa que presta o servizo a que adiante as nóminas mentres espera cobrar do concello.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00