Última hora

ÚLTIMA HORA Las llamas devoran un edificio en el barrio de Campanar de València: los bomberos luchan para salvar a dos personas atrapadas

Tribunales

Denuncian pasividade e falta de legalidade na tramitación dos casos de violencia de xénero no xulgado de Corcubión

“Presentamos probas dos malos tratos físicos e psicolóxicos que padece a menor, pero non se fai nada”

Estrevista a Isabel Quijada

11:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1707418484244/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Corcubión

Isabel Quijada é avogada dunha veciña da Costa da Morte que denunciou á súa ex parella por supostos malos tratos a ela e á súa filla de 12 anos, o que se coñece como violencia vicaria.

Levan xa presentadas tres denuncias e asegura a avogada que “en ningunha delas se actuou conforme establece a normativa de violencia de xénero nacional ou europea”.

Quijada non comprende os motivos polos que, nas tres denuncias presentadas, no momento en que a denuncia chega dende a Garda Civil ao xulgado non se continúa cos pasos que marca o protocolo , “non se chamou ao denunciado para comparecer, non se pediu á vítima que se ratificase na denuncia, non se chamou aos testigos”. A ausencia deses trámites ten como consecuencia que non se adopten as medidas cautelares solicitadas para protexer á menor.

Hai máis dun ano que empezaron todo o proceso, neste tempo a avogada xa presentou varios recursos contra o arquivo das denuncias e ampliación de denuncias, pero non lograron unha resposta. Isabel Quijada considera a situación “moi grave, porque estamos falando dunha vítima menor de 12 anos”, “non se trata de que quede esquecido enriba dunha mesa, é que directamente chega ao xulgado e arquívase o procedemento como se non acontecera, nin sequera se mira”.

A letrada asegura que “presentamos probas suficientes, gravacións da menor relatando os malos tratos físicos e psicolóxicos que padece, pero non se fai nada”. Asegura descoñecer o motivo polo que as denuncias se arquivan ou non se resolven os recursos, “non sei se é falta de formación ou información en casos de violencia de xénero ou desidia, non o sei”. Sobre todo cando na terceira denuncia solicitaron unha orde de protección “o que necesariamente e legalmente implica que no día seguinte debe haber unha comparecencia na que a denunciante diga o que aconteceu e o declare na súa defensa e non se fixo nada”.

Con esta situación que relata, a avogada denuncia “falta de corrección e falta de legalidade no procedemento” ademais de pasividade por parte do xulgado de Corcubión, “hai unha menor, é un caso grave que necesita premura”.

Por último considera que neste caso fallou o sistema Viogen, tanto no xuzgado como fora del, “tería que entrar de oficio Fiscalía, pero como vai entrar Fiscalía se cando chega a denuncia ao xulgado se arquiva”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00