Sociedad

Febreiro remata con 68 persoas menos na lista do paro na Costa da Morte

O paro descende nas comarcas de Bergantiños e Soneira e sobe en Fisterra

ROMÁN G. AGUILERA ROMÁN G. AGUILERA (EFE)

Os datos do paro rexistrado do mes de febreiro deixan un novo descenso do desemprego na zona. Por comarcas, Bergantiños é a que rexistra unha baixada máis importante con 60 persoas menos apuntadas ao paro. Nesta comarca só Coristanco cun incremento de 11 e Ponteceso de 7 rexistran subida do desemprego.

Na Comarca de Soneira o paro baixou en 16 persoas, con reducción do desemprego en tódolos concellos. Mentes na Comarca de Fisterra o paro sobe en febreiro, con subidas en tódolos concellos a excepción de Muxía onde descende en 7 persoas. O concello con maior suba de paro e Fisterra, que pechou o mes con 15 parados máis.

Febreiro remata con 68 persoas menos na lista do paro en toda a Costa da Morte respecto a xaneiro e con 1.079 parados menos que en febreiro de 2023.

Bergantiños

  • · Cabana -10
  • · Carballo -43
  • · Coristanco 11
  • · Laxe -14
  • · A Laracha -7
  • · Malpica -4
  • · Ponteceso 7

Soneira

  • · Camariñas -8
  • · Vimianzo -2
  • · Zas -6

Fisterra

  • · Cee 5
  • · Corcubión 2
  • · Dumbría 3
  • · Fisterra 15
  • · Muxía -7
  • · Carnota -1
  • · Mazaricos -9
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00