Gastro

"O Fragón" e "Balarés" recoñecidos cun Sol da Guía Repsol

A prestixiosa guía gastronómica destaca a labor deste restaurantes ubicados en Fisterra e Ponteceso

Os responsables do restaurante O Fragón

A gastronomía da Costa da Morte ten un novo aval dende hoxe. A guía Repsol acaba de outorgar un Sol Repsol a dous restaurantes da Bisbarra: O Fragón, ubicado en Fisterra e Balarés, na praia pontecesá do mesmo nome. Ambos foron recoñecidos na Gala Repsol celebrada esta noite en Cartaxena, na Rexión de Murcia.

Segundo a propia Guía, faise merecedor dun Sol Repsol aquel restarurante que "recomendarías a un amigo e ao que voltarías moitas veces. É premisa a calidade do produto e a intención de elaborar unha cociña honesta de coherente que irá medrando. Conta cun servizo de atento e profesional e unha adega con inquietudes. Xustifica facer quilómetros ou parar a coñecelo no medio dunha viaxe".

Balarés, está situado en Ponteceso, na praia do mesmo nome. Nun edificio rehabilitado como hotel, SIlvia Facal ofrece un menú degustación acompañado dunha ampla carta de viños. Trátase dun local pequeno e acolledor onde se pode degustar o mellor produto de proximidade desfrutando das vistas ao mar. "Cunha cociña apegada ao territorio e á paisaxe" buscan xerar unha economía circular cos produtores máis achegados.

O Fragón, pese a súa curta historia, xa vai pola segunda ubicación. Orixinalmente situouse en pleno casco urbán de Fisterra, ao carón da praia do Castelo. Axiña quedou pequeno o local, comenzando un proxecto máis ambicioso e con maior espazo, na súa ubicación actual, en San Martiño. Nun elegante edificio de arquitectura contemporánea, Fran Insua ofrece unha cociña de raíces galegas, dando protagonismo ao produto que se pode atopar na lonxa ou na praza fisterrá. Cunha carta en constante cambio, ofrece dous menús degustación onde sempre se pode atopar o viño máis axeitado para maridar os seus pratos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00